O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha un novo curso dos seu programa de Actividades Físicas e Deportivas para Adultos. Todas as clases están en marcha, agás Zumba en Camporrapado e Sergude, Bailoterapia en O Forte e Pilates en Ledesma.
Estos últimos cursos aínda teñen algunhas prazas dispoñibles. Toda persoa interesada nestas actividades deberanse poñer en contacto co Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.gal ou no teléfono 981 513 115) para formalizar a inscrición correspondente. Esta deberase realizar cubrindo a ficha de inscrición correspondente que se pode descargar aquí.
O custo das actividades varía entre os 10 euros mensuais (no caso de Bailoterapia) e os 15 euros (nos cursos de Zumba e Pilates). Dende o Departamento de Cultura lembran a todas as persoas interesadas nestas actividades que deberán formalizar a súa inscrición canto antes, xa que quedan poucas prazas libres para completar o cupo.