Máis de 150 rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria participaron no Verán Activo, o programa de conciliación do Concello de Boqueixón para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa que se levou a cabo nas instalacións deportivas de O Forte, onde se desenvolveron distintas actividades para cubrir o tempo de lecer dos pequenos e pequenas do municipio.
Entre as actividades que se levaron a cabo durante estes dous meses figuran actividades deportivas, así como obradoiros de manualidades, excursións e propostas acuáticas. Un programa desenvolto de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.