ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS
As becas xerais para estudos non universitarios diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
- Bacharelato
- Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
- Ensinanzas Artísticas Profesionais
- Ensinanzas Deportivas
- Ensinanzas Artísticas superiores
- Estudos relixiosos superiores
- Estudos militares superiores
- Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional Básica
A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 1 de outubro
ESTUDOS UNIVERSITARIOS
As becas xerais para estudos universitarios diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
- Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
- Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
- Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
- Complementos de formación para acceso u obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para continuar estudos oficiais de licenciatura.
A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 15 de outubro