RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia (DOG Núm. 155, martes, 14 de agosto de 2018).
Obxecto: convocase, con carácter gratuito, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2018/19, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente. Os cursos impartiranse entre setembro de 2018 e maio de 2019, en horario de mañá ou de tarde.
Persoas beneficiarias dos cursos Celga: Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Persoas destinatarias dos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior: van dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, coas excepción establecidas no DOG.
O prazo e documentación para a presentación das solicitudes: consultar o DOG.
Solicitudes e prazos de inscrición: as persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Asignación das prazas: consultar o DOG.
Máis información: DOG.