O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boqueixón organiza unha Conferencia sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que terá lugar o próximo mércores 27 de xuño no Salón do Plenos da consistorio boqueixanés. Esta actividade conta coa colaboración da Asociación Galega de ELA (AGAELA) e é de carácter totalmente gratuíto.
Na sesión intervirán:
- Jessica Garabal, coordinadora de AGAELA
- Manuel Rodríguez, veciño afectado de ELA e vogal de AGAELA
- Cruz Anxemil, coidadora principal e cónxuxe de Manuel
A través das súas vivencias, preténdese achegar á poboación en xeral un coñecemento máis amplo sobre esta enfermidade. Dende o Departamento de Servizos Sociais animan a toda a veciñanza a asistir a esta charla.