Arquivo Municipal de Boqueixón
FORMACION E CONSTITUCION DOS CONCELLOS RURAIS NA PROVINCIA DE A CORUÑA EN 1836
Os concellos que hoxe en día coñecemos son institucións relativamente moi recentes dado que a súa formación data de 1836, ano en que se aproba definitivamente a relación dos concellos rurais na provincia; logo de pasar por moitos avatares políticos tanto en España como en Galicia se viñan vivindo e sufrindo dende o primeiro terzo do século XIX, (invasión francesa, promulgación da Constitución de Cádiz, formación de concellos constitucionais no trienio liberal de 1820-1823 etc.).
A DIVISION TERRITORIAL MUNICIPAL EN 1835.- A Raíña Gobernadora, María Cristina, en nome da súa filla Isabel II promulgará o Real Decreto de 23 de xullo de 1835 que lexislaba as normas polas que se deberían de rexir os pobos para a formación dos concellos. Así no seu art. 4 indicaba que “los pueblos que dependan de ciudades ó villas en cuanto á su régimen municipal, podrán solicitar la formación de ciudades ó villas en cuanto á su régimen municipal, podrán solicitar la formación de ayuntamiento propio, siempre que su población llegue á 100 vecinos bien sea por sí o solos ó reuniéndose á otros pueblos limítrofes. Sí, vista la utilidad, el Gobierno concediese la formación de ayuntamiento, se situará este en el punto que ofrezca mayores ventajeas para el mejor gobierno interior. Si la población estuviese dispersa y sin centro de reunión, como sucede en algunas provincias, se marcará el territorio correspondiente á cada ayuntamiento, que no deberá esceder de cuatro lelguas en cuadro, ni de una población de 500 vecinos, poco mas ó menos. En los casos referidos los gobernadores civiles formarán los correspondientes expedientes en los términos mas sencillos, y los dirijirán á la soberana aprobación de S.M.”
A aplicación na práctica do R.D. de 23 de xullo de 1835 tivo serios atrancos, por mor da dispersión da poboación, o desinterese, ou mesmamente a ignorancia das persoas dos respectivos lugares. Do interese tomado polas autoridades da provincia, no Boletín Oficial da Provincia do 9 de abril de 1836 publícase unha Circular do Gobernador Civil do día 7 de mesmo mes, na que se sinala o xeito de como deben formarse os concellos nas poboacións rurais, de acordo cunha Real Orde de 8 de marzo remitida polo Secretario do Estado da Gobernación.
Seguindo cronoloxicamente as actuacións das institucións implicadas na formación dos concellos constitucionais nesta época, compre salientar a feita pola Deputación Provincial de A Coruña no Boletín Oficial da Provincia, que consistía nunha proposta de distribución das parroquias que formarían cada Concello da provincia.
Así, esta relación estaba formada polas parroquias e distribuídas por partidos, co fin de “personas ilustradas y conocedoras de las circunstancias del país puedan hacer dentro de muy breves días, antes de la aprobación definitiva, las observaciones que les sugiera su interés por bien público, de las que se aprovechará gustosamente esta Corporación”.
A continuación publicase a relación provisional de concellos coas respectivas parroquias que os integrarían. Esta publicación faríase de xeito paulatino, empezando no Boletín Oficial da Provincia do día 23 de abril de 1836, distribuíndose por Partidos. En cada un deles indicábase o nome do concello e o nome das parroquias que o formaban.
Unha vez presentadas as observacións a este proxecto, a Deputación Provincial de A Coruña decide sobre elas e pasa a publicar a partir do día 15 de xuño de 1836 a relación definitiva dos concellos da provincia de A Coruña.
A continuación publicase a RELACION DEFINITIVA dos concellos agrupados nos partidos respectivos onde se detallan as parroquias que os forman. Boqueixón, incluído no partido de Santiago, consta de 14 parroquias e 3.564 veciños.