Este mércores 30 de maio celebrarase a IV Andaina de Maiores Concello de Boqueixón. Esta actividade desenvólvese como peche para a programación anual das sesións de Ximnasia de mantemnto para maiores nos diferentes centros socioculturais do concello e no ximnasio municipal. Para esta cuarta edición, ofértase un percorrido pola Ruta do Faro na Illa de Arousa, ofrecendo unha xornada de encontro e de deporte.
As inscricións a esta actividade deberán realizarse nos propios grupos de ximnasia de cada parroquia. Para máis información, pódese chamar ao 636 731 721.
Os participantes serán trasladados en autobús. O horario de recollida de asistentes é o seguinte:
- 09.45 horas. Ponteledesma, no cruce da Pontenova
- 10.00 horas. Casa do Concello. O Forte
- 10.10 horas. Rodiño
- 10.20 horas. Centro sociocultural de Sergude.
- 10.35 horas. Lestedo.
Dende este último punto partirá o autobús para chegar, arredor das 11.45 horas á Illa de Arousa. O percorrido da ruta de sendeirismo (de tipo circular) durará unha hora e media, aproximadamente.
Ao finalizar a ruta, os asistentes serán recollidos no punto de chegada ás 14.30 horas para despois desprazárense a Barrantes. O almorzo de confraternidade está prevista no Restaurante Os Castaños.
Prevese a chegada arredor das 17.00 horas. A orde de paradas do autobús será o mesmo que no caso da ida.
Dende o Departamento de Deportes animan aos participantes nas sesións de ximnasia de mantemento a participaren nesta iniciativa.