Na sesión ordinaria realizada polo Pleno o día 9 de maio de 2018, acordouse:
1 Aprobar inicialmente a modificación das ordenanzas reguladoras do IBI, IAE e ICIO
2 Adquirir o compromiso de concesión de licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que o concello dispoña de todos os informes preceptivos
O expediente estará exposto ó público, na Secretaría do concello, durante un prazo de 30 días hábiles que se contarán a partires do día de hoxe que foi publicado este anuncio no BOP.
Durante este período poderanse formular as reclamacións que se consideren oportunas e que, deberán ir dirixidas ó alcalde da corporación. En caso de non presentarse reclamacións este acordo terá a consideración de definitivo.