Trátase de axudas para a realización de novos proxectos nos que se subvencionarán actividades e/ou actuacións de consultoría, titorización, formación e/ou mentorización relacionadas coa mellora ou implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, márketing e comunicación, e expansión de mercados. Medidas destinadas principalmente a implantar na organización cambios e/ou ideas innovadoras que supoñan unha clara diversificación da actividade da empresa e incidan positivamente na modificación e mellora do posicionamento da empresa e na eficacia dos procedementos internos da organización.
Nesta liña subvencionaranse os gastos relativos a colaboracións externas para asistencia técnica, gastos externos de auditoría, consultoría, titorización, mentorización, formación e actividades ou actuacións relacionadas con melloras nos seguintes ámbitos:
- Responsabilidade social empresarial
- Marketing e comunicación
- Competitividade e expansión
As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 € e máximo de 6.000 € (excluído IVE), do cal poderán solicitar, como máximo o 80% polo que o importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral é de 4.800 € (excluído IVE), podéndose ampliar ata 5.520 euros no caso de colectivos desfavorecidos ou situados nalgún concello que conte cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.
As actividades para desenvolver ao amparo desta convocatoria, deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2018.
As bases reguladoras desta liña pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 55 de 21.03.2018 ou premendo na seguinte ligazón http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/21/2018_0000002140.pdf
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña, www.dacoruna.gal, pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 26 de abril de 2018.
Lembrámoslle que na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar información actualizada do Plan de Emprego Local.