A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ven de publicar a Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan para o ano 2018 as subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago do Programa de rexeneración e renovación urbanas da prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. (DOG nº 17 do 24/1/2018) VI408H
Obxecto:
Financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago de Compostela e que conten coa resolución de cualificación definitiva do IGVS.
As actuacións protexibles deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que se incorpora como anexo I a esta orde.
Beneficiarias:
As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.
Para que as persoas físicas poidan ser beneficiarias, deberán posuír a nacionalidade española ou a de algún dos estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, de Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. As persoas estranxeiras non comunitarias deberán ter residencia legal en España.
Se a persoa beneficiaria é unha comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as, os requisitos anteriores deberanos cumprir todos os seus membros.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas que que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa solicitante.
Contía:
As axudas contidas na prórroga do Plan estatal 2013-2016 terán un importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 35 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.
As axudas autonómicas terán un importe máximo de 4.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 10 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.
Documentación:
Solicitude | Presentación electrónica na sede
- De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe en nome da persoa propietaria única do edificio.
- Certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias, en que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbanas do ARI dos Camiños de Santiago, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias ou a agrupación de comunidades de persoas propietarias (anexo II).
- Anexo III, no caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, en que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursos en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Lugar de presentación:
- As comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente.
- As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou na Xefatura Provincial do IGVS que corresponda por razón da situación da vivenda.
Prazo de solicitude:
Rematará o 31 de outubro de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.
MAIS INFORMACIÓN:
Concello de Boqueixón (981 513 106)