Este domingo, día 26, ás 18:00 h. dentro do Ciclo de Teatro de Outono, acompáñanos o grupo de teatro afeccionado da Asociación Cultural Charamela de Melide, que visita Boqueixón grazas á colaboración do Club de Mairoes do concello e a Rede Cultural da Deputación.
Nesta ocasión é unha comedia titulada “O blues de Haroldo Barrenillo”.
Sinopse
O cabo Venavides e Anastasia (a súa muller) teñen dúas fillas, pero unha delas, poderíamos decir, que é mala de casar porque non é moi agraciada. Un día consiguen enredar a Haroldo Barrenillo (vendedor de alfombras) para que case con ela.
As situacións que desencadea esta decisión fan desta obra de teatro unha peza chea de esceas cómicas e con diversión asegurada.