Nos centros socioculturais de Sergude, Lestedo, Ponteledesma , Lamas e no Ximnasio Municipal estanse a impartir sesións de ximnasia adaptada as necesidades dos nosos maiores.
Unha iniciativa que ano tras ano esta a ter moita aceptación dentro da oferta deportiva.
Os obxectivos básicos son a mellora da calidade de vida dos participantes e a loita contra o sedentarismo .
Así no desenvolvemento desta actividade incídese en exercicios de mellora da mobilidade articular, do equilibrio e da coordinación motora mediante xogos de baixa intensidade.
A saúde física e mental da terceira idade é algo básico e acádase unha gran mellora grazas ós exercicios propostos e a diversas actividades e xogos con balóns,aros,etc..
Todas aquelas actividades que fan traballar o cerebro e que ademais, debido ó seu carácter lúdico, son moi ben recibidas polos participantes.