A explotación sexual denigra as persoas, tamén a quen a consume.
Con motivo do día europeo contra a trata de persoas, o Concello de Boqueixón, manifesta a súa repulsa contra a trata de seres humanos posto que constitúe unha das máis alarmantes formas de redución do ser humano a unha simple mercancía, representando unha violación grave dos dereitos humanos.
Ao igual que a Secretaría Xeral da Igualdade – Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, sumámonos á campaña de sensibilización que se están levando a cabo contra esta situación e de concienciación á sociedade sobre a realidade da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, co obxecto de conseguir maior implicación da cidadanía na súa detección e denuncia.