A ponte románica de Ledesma (Boqueixón) que fai de unión entre as provincias de Pontevedra e A Coruña e que durante a guerra de independencia contra os franceses no século XIX, foi escenario dun enfrentamento veciñal contra as tropas napoleónicas, sendo estas últimas derrotadas, estivo iluminada, na noite do 8 ó 9 de setembro, soamente por centos de velas e antorchas, sendo unha noite especial na que o concello de Boqueixón pretendeu poñer en valor a fermosura deste entorno patrimonial e natural do río Ulla.
A partir das 9.30 da noite, no campo do río de Ledesma, comezou a sonar o grupo Campo de Estrellas, sendo os encargados de abrir a noite cun repertorio de música clásica. A continuación sonou o grupo Son de Gaitas e, remataron a noite Os Carunchos que animaron ata as 12.30.
Ademais, durante as actuacións os asistentes disfrutaron do conxuro da queimada que realizou Sinto da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre, así como do posto de bebidas e comida do Mesón O Imprevisto de Forte (Boqueixón).
[images cols=”four” lightbox=”true”]
[image link=”13751″ image=”13751″]
[image link=”13743″ image=”13743″]
[image link=”13742″ image=”13742″]
[image link=”13741″ image=”13741″]
[image link=”13740″ image=”13740″]
[image link=”13739″ image=”13739″]
[image link=”13738″ image=”13738″]
[/images]