Normativa: Orde do 19 se setembro de 2016 pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa. (DOG nº 182 do 23/09/2016). Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se procede á convocatoria pública, para a anualidade 2017, das axudas financieiras do programa de Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 122 do 28/6/2017).
Concesión dos préstamos: Estará suxeita á avaliación dos riscos por parte das entidades financeiras, as cales poderán denegar a súa formalización sen dereito a indemnización a favor da persoa solicitante. Para poder acceder aos préstamos cualificados, as persoas promotoras deberán obter previamente unha resolución de acceso ao financiamento, que emitirá o IGVS.
A) Préstamos cualificados para a rehabilitación: Os préstamos serán garantidos con hipoteca ou coas garantías persoais exixidas ás persoas prestameiras polas entidades financeiras. A contía do crédito non poderá exceder o menor dos seguintes importes: a totalidade do orzamento protexible ou 30.000 €, no caso de préstamo persoal, ou 60.000 €, no caso de préstamo con garantía hipotecaria. O prazo de amortización poderá establecerse entre seis meses e quince anos, cun período de carencia inicial de ata dous anos como máximo. Coa formalización do préstamo, poderase dispoñer do crédito ata un máximo do 50% da súa contía. O resto disporase ao ritmo de execución das obras, mediante a presentación ante a entidade financeira das correspondentes certificacións de obras.
B) Axudas económicas directas: Consistirán na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira. A porcentaxe da subsidiación dos xuros do préstamo e a súa duración dependerá do nivel de ingresos da unidade de convivencia da persoa prestameira, de acordo co establecido no seguinte cadro:
IPREM | Subsidiación máxima | Duración máxima |
Menor ou igual a 4 | 100 % dos xuros | 48 meses |
Maior de 4 e menor de 5,5 | 80 % dos xuros | 36 meses |
Maior de 5,5 e menor de 6,5 | Sen subsidiación | Duración do préstamo |
O importe máximo do préstamo que poderá ser obxecto subsidiación será de 30.000 € para os préstamos con garantía persoal e de 60.000 € para os de garantía hipotecaria.
PRAZO PARA SOLICITAR: Comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará o 2 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.
MÁIS INFORMACIÓN: No departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben chamar ó teléfono 981513106.