Aberto o prazo dende o 26 de xuño ata o vindeiro 14 de xullo de 2017 para que os/as padriños/madriñas rexistrados de xardineiras de Boqueixón, poidan recoller nas dependecias da Casa do Concello, 1 VALE ( por xardineira) para canxear por plantas de ornamentación.
OPCIÓNS DE CANXEO:
Opción A: 10 plantas (petunia, begonia, tajete ou clavelina) ou
Opción B: 5 plantas (surfinia, verbena, geranio ou guineana)
VIVEIROS onde canxear:
Isaac Fernández Prieto (Rodiño- Sergude)
Viveiros Compostela SAT (A Corna- Pousada)
Xardín Compostela, SL (Lestedo)
María Josefa Sánchez Pernas (Espiñeira- Lamas)
NOTA: Imprescindible presentar o DNI do padriño/madriña para a recollida do vale e para o canxeo por plantas no viveiro.