Orde do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo (…) e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 112 do 14/6/2017) VI408H (Consellería de Infraestruturas e Vivenda).
Obxecto: Financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago de Compostela e que conten coa resolución de cualificación definitiva do IGVS.
Beneficiarias: As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.
Contías: Os solicitantes poderán financiar con cargo a estas axudas ata o 35% do orzamento subvencionable das obras, cun límite máximo de 11.000 euros por vivenda.
Traxecto: Camiño da Prata II no Concello de Boqueixón, son beneficiarias todas as vivendas das parroquias de: Lestedo e Sergude
DOCUMENTACIÓN NECESARIA (para a cualificación provisional):
- Fotocopia compulsada do DNI ou NIF da persoa propietaria.
- Proxecto ou memoria das actuacións de rehabilitación que se pretenden realizar, redactada por técnico/a competente.
- Plano da situación da vivenda.
- Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación desta orde, emitido polo/a técnico/a responsable da obra ou, no seu caso pola empresa contratista.
PRAZO DE SOLICITUDE: Rematará o 30 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.
DOCUMENTACIÓN E MÁIS INFORMACIÓN: Poden dirixirse ao Servizo Social do Concello ou ben chamar ó teléfono 981 51 31 06