Campaña de sensibilización sobre recollida selectiva
Durante o presente curso escolar, o alumnado de 4º de ESO do CPI Antonio Orza Couto está a participar nun novedoso proxecto de aprendizaxe-servizo promovido polo Concello de Boqueixón, coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Con esta metodoloxía, orientada á educación para a cidadanía, os participantes adquiren formación implicándose en necesidades reais do seu entorno coa finalidade de melloralo. O proxecto centrouse nunha campaña de sensibilización para a correcta separación de residuos nos fogares do municipio.
Esta campaña consta de dúas fases, unha primeira centrada no traballo en aula nas diferentes asignaturas implicadas, nas que o alumnado en colaboración co seu profesorado deseñou os diversos materiais dos que consta a campaña para a concienciación medioambiental: un audiovisual, cartel da campaña, díptico informativo, enquisas e xogos didácticos para a concienciación dos máis pequenos. Este traballo de deseño realizouse xunto a obradoiros formativos previos ao longo do primeiro e segundo trimestre deste curso.
Unha vez elaborados os materiais, o alumnado do CPI puxo en marcha a campaña de sensibilización para a separación de residuos no fogar, cunha presentación o domingo 7 de maio, na Feira de Lestedo nun acto que contou coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.
A campaña de sensibilización desenvolverase ao longo deste mes de maio, e contemplará as seguintes actuacións:
– Campaña “porta a porta”: consistente da distribución de material informativo sobre a campaña para a mellora da separación de residuos no fogar.
– Xornadas de sensibilizacion nas feiras de Lestedo (7 maio) e Rodiño (14 maio)
– Distribución de carteis nos establecementos comerciais .
-Realización de xogos didácticos para o alumnado de educación primaria.
-Realización de enquisas sobre hábitos na separación de residuos no fogar.
Adxuntos
- CARTEL CAMPAÑA (602 kB)
- eu reciclo_aps_boqueixon (63 MB)
- eu reciclo_aps_boqueixon (63 MB)
- eu reciclo_aps_boqueixon (63 MB)
- Diptico aps (2 MB)
- Diptico aps (2 MB)
- Diptico aps (2 MB)
- eu reciclo_aps_boqueixon (63 MB)
- CARTEL CAMPAÑA (602 kB)
- CARTEL CAMPAÑA (602 kB)
- CARTEL CAMPAÑA (602 kB)
- Diptico aps (2 MB)