Hoxe celebrouse con gran éxito de público e participantes o II Trofeo Concello de Boqueixón de Judo. Máis de 200 nenos e nenas de Brión, Teo, Ames, Santiago, Ferrol e por suposto da Escola de Judo de Boqueixón xuntáronse nunha xornada deportiva e de competición na que os participantes demostraron o seu entusiasmo por participar.
O Concello de Boqueixón aposta polo Judo na súas escolas deportivas municipais polos seus valores educativos na formación dos cativos.
No evento estiveron presentes o alcalde de Boqueixón,Manuel Fernández Munin e concelleira de deportes, Mari Botana, os cales fixeron entrega das medallas aos participantes.