Proxecto audiovisual (documental e curtametraxe) para romper barreiras e estereotipos. Ofrece un formato pioneiro que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidad destas dúas obras van collidas pola man.
Un grupo de rapaces e rapazas con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo o que son capaces de facer, entrelazados a un reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferencias sociais existentes invitando ao público á reflexión.
Será verdade que a realidade supera á ficción?
Proxección do documental e a curtametraxe o día 14 de abril (domingo) ás 18:30h. na Casa da Cultura de Camporrapado.