Está previsto no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:
AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica)
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 370 HORAS (290 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias (informarase da modalidade de turno mañán/tarde según sexa zona Santiago ou zona Ferrol) e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas de acceso só se admitirá un máximo de 5 inscricións por concello. Achégase calendario coa organización da data e hora por concellos da realización das probas físicas na Piscina da Ramallosa no concello de Teo.
O prazo de presentación da documentación será ata o próximo martes 14 de febreiro de 2017 ás 14:00 horas, para a recepción na Deputación da Coruña. Só se admitirán as 5 inscricións enviadas POR MAIL por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteña a documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).
+ info no Concello de Boqueixón (Mavi ou Cruz): 981 51 30 61, ext. 309 – 219, e-mail: emprego@lab.mcapps.es
Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña. Socorrismo Acuático . Tel. 981080507
Consultar a documentación seguinte:
Anexo I Documentación Solicitude_SOCORRISMO (1) Anexo II CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS _SOCORRISMO_SANTIAGO Formulario Inscripción_SOCORRISMO localizacion_a ramallosa REQUESITOS E PROCESO SELECCION
Adxuntos
- Anexo I Documentación Solicitude_SOCORRISMO (1) (241 kB)
- Formulario Inscripción_SOCORRISMO (386 kB)
- Formulario Inscripción_SOCORRISMO (386 kB)
- Formulario Inscripción_SOCORRISMO (386 kB)
- localizacion_a ramallosa (321 kB)
- localizacion_a ramallosa (321 kB)
- localizacion_a ramallosa (321 kB)
- REQUESITOS E PROCESO SELECCION (347 kB)
- REQUESITOS E PROCESO SELECCION (347 kB)
- Anexo II CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS _SOCORRISMO_SANTIAGO (272 kB)