Onte tivo lugar no pazo de Raxoi, a presentación do Entroido dos Xenerais da Ulla. Alcaldes e concelleiros dos oito municipios onde os xenerais son protagonista déronse cita para dar a coñecer as novidades deste ano.
Unha das novidades máis salientables, son as excursións turísticas para dar a coñecer os Xenerais e o seu territorio. Saldrán os días 11, 25 e 28 de este mes de Santiago, e inclúen entre outras visitas aos pazos de Santa Cruz de Rivadulla e Oca. O percorrido finalizará na Casa dos Peóns (Vedra) que albergará unha exposición fotográfica sobre a esencia dos Xenerais da Ulla.
A oferta de novidades desta edición complétase con un ciclo de representacións de títeres, As Xeneralas da Ulla, de Títeres Cachirulo. Este espectáculo para todos os públicos levarase a cabo nos oito concellos nos que se mantén viva a tradición.
En Boqueixón esta actuación será o domingo 26 de febreiro ás 17:30h. no campo da festa de Sergude.