A Xunta de Galicia pon a disposición dos afectados todos os servizos de información e asesoramento dos que dispón o Instituto Galego de Consumo. Neste sentido, achegarase información a todos os usuarios sobre como presentar as reclamacións polo tempo que pasaron sen subministro eléctrico, así como polos posibles danos e prexuízos que os cortes de luz puideron ocasionar nos seus fogares. Os interesados, ademais de acudir as oficinas de Consumo, poden informarse a través da súa páxina web (http://consumo.xunta.gal) ou no número de teléfono gratuíto 900 231 123.
1.- No caso dos CORTES DE LUZ as reclamacións deben dirixirse ao servizo de atención ao cliente da empresa distribuidora, que deberá dar unha contestación. De non facelo poderase acudir ante o Instituto Galego de Consumo
(Teléfono Gas Natural Fenosa 900 111 999)
CONTIDO DA RECLAMACIÓN:
A reclamación ante a distribuidora deberá conter os seguintes datos:
- Datos da Compañía (dispoñibles na propia factura da luz )
- Titular, dirección e código de subministración, achegando unha factura da luz.
- Sinalar durante cantas horas suspendeuse a subministración de luz.
- Descrición dos danos ocasionados ecustos dos danos que puideron producirse.
- Enviar copia de todas as facturas, fotografías e demais probas para poder testemuñar os danos.
2.- Presentar parte de sinistro á súa aseguradora no caso de que teñan concertado seguro. Aínda que o prazo de 7 días de aviso é flexible, segundo informáronnos, é conveniente respectalo para que os peritos poidan valorar os danos e neste sentido, lémbrase que non se realicen reparacións sen que previamente o perito valorase eses danos.