Centro de Información á Muller (CIM)
Concello de Boqueixón
Persoal:
Directora – avogada: Cristina Carbajales
Psicóloga: Yolanda Neira
Horario de atención:
Dirección e asesoramento xurídico: De 8:00 a 15:00
Asesoramento psicolóxico: De 8:00 a 15:00
O CIM, Centro de Información á Muller, é un servizo gratuíto con sede en Boqueixón que atende a usuarias deste municipio, así como de Touro e Vedra. Ofrece apoio, información e asesoramento xurídico e psicolóxico.
O servizo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
O equipo: está integrado por unha directora – avogada e unha psicóloga.
Principios de actuación:
- Gratuidade.
- Respecto á vontade da persoa.
- Confidencialidade.
FUNCIÓNS
- Información e asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Información sobre os recursos dispoñibles para as mulleres.
- Orientación de cara a mellora laboral/ integración.
- Fomento da participación das mulleres na sociedade.
- Atención específica á mulleres vítimas de violencia doméstica / xénero.
- Calquera outra información encamiñada a conseguir a igualdade das mulleres que de forma individual o soliciten.
Na área xurídica:
Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, principalmente en dereito de familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias, etcétera), xustiza gratuíta, así como outros aspectos de dereito civil, administrativo, laboral..
Na área psicolóxica:
Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión e baixa autoestima.
- Apoio e intervencións en caso de malos tratos.
- Asesoramento en problemas familiares.
Actividades:
- Información dos recursos da comarca.
- Realización de charlas, coloquios, exposicións… sobre temáticas de interese para as mulleres. – Colaboración con colectivos e institucións que organicen actividades relacionadas coas mulleres.
- Implementación do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Boqueixón.
Violencia de xénero:
O CIM oferta un servizo gratuíto de atención e asesoramento ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Detéctase se a muller corre perigo, infórmaselle dos recursos existentes e actívanse os procedementos que se consideran necesarios para a súa protección de maneira coordinada coas demais entidades implicadas neste ámbito: servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos e xurídicos.