XUNTA DE GOBERNO
Concello de Boqueixón
Composición:
A Xunta de Goberno estará integrada, tal como establece o art. 23.1 da lei reguladora das bases de réxime local, por tres concelleiros (equivalente ao terzo do número legal de membros da corporación que son once ) designados polo alcalde, que a presidirá:
Ovidio Rodeiro Tato (preside)
Gonzalo Redondo Rendo
Sonia Suárez Casal
Diego Esturao Rosende
Funcionamento:
A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias quincenais, cada dúas semanas, os xoves ás 14:15 horas, salvo que coincidise en día festivo, nese caso celebrarase o día hábil posterior.
Esta Xunta de Goberno estará integrada, tal como establece o art. 23.1 da lei reguladora das bases de réxime local , por tres concelleiros (equivalente ao terzo do número legal de membros da corporación que son once ) designados polo alcalde, que a presidirá.
Delegar na Xunta de Goberno Local, o exercicio das seguintes atribucións, competencia do pleno :
j) O exercicio de accións xudiciais , administrativas e a defensa da corporación en materia de competencia plenaria.
k) A declaración de lesividade dos actos do concello.
m) A concertación das operacións de crédito cuxo importe acumulado, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto , salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior , todo de conformidade co disposto na lei reguladora das facendas locais, e tendo en conta o previsto no apartado 2 letra L , do artigo 47 da lei reguladora das bases de réxime local.
n) As contratacións de toda clase (obras, subministros, xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais e os contratos privados) cando o seu importe supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto e, en calquera caso, os seis millóns de euros, así como os contratos plurianuais cando a súa duración sexa superior a catro anos e as plurianuais de menos duración , cando o importe acumulado de todas as súas anualidades supere a porcentaxe indicada, referido ós recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio e, en todo caso, cando sexa superior o importe sinalado nesta letra.
ñ) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos presupostos, salvo no caso de contratos de obras cuxo período de execución exceda do presuposto anual e cuxos proxectos fosen redactados independentemente para cada unha das partes da obra.
o) A adxudicación de concesións sobre os bens da entidade local e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial, cando o seu valor supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto e, en todo caso cando sexa superior a tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio cando o seu valor supere a porcentaxe e contía indicadas ou sexan bens declarados de valor histórico artístico calquera que sexa o seu valor, salvo nos casos previstos no apartado 2 letras j, m e ñ do artigo 47 da lei reguladora das bases de réxime local.