O alcalde en funcións, don Manuel Fernández Munín, fai entrega dos premios e diplomas aos/-as autores das tres fotografías gañadoras de entre as 83 presentadas ao IV Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”:
Primeiro Premio (VALE DE 200 €): don José Emilio Gómez Crespo
pola fotografía titulada. “Movemento de estrelas no Pico Sacro”
Segundo Premio (VALE DE 100 €): dona Mª Rosa Sanmartín Díaz
pola fotografía titulada: “Illas Gres”
Terceiro Premio (VALE DE 50 €): don Rafael Villar Gómez
pola fotografía titulada: “O Pico Sagrado”
O gañador do terceiro premio fixo doazón do mesmo ao departamento de Servizos Sociais para a atención das familias necesitadas.
A maiores destas tres fotografías, outras nove seleccionadas ilustrarán o calendario que para o ano 2017 publicará o concello.