Con motivo do día internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas, o Concello de Boqueixón, manifesta a súa repulsa contra a trata de seres humanos posto que constitúe unha das máis alarmantes formas de redución do ser humano a unha simple mercancía, representando unha violación grave dos dereitos humanos.
Sumámonos ás diferentes campañas de sensibilización que se están levando a cabo contra esta situación de desigualdade e de indefensión na que se atopan as mulleres en moitos lugares do mundo e que constitúe unha clara expresión de violencia exercida contra a muller.
Concienciar a poboación de que a prostitución é unha forma de violencia contra as mulleres e de fomentar as mafias que se dedican a explotación sexual.
Destacar que por parte da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Igualdade, desde xullo deste ano 2016 modificouse a Lei galega para o tratamento integral da violencia de xénero incluíndo as vítimas desta forma de violencia como beneficiarias das axudas periódicas que ofrece a Xunta ás mulleres que sofren malos tratos.