Galicia Culturea réndelle homenaxe a Xosé Neira Vilas para achegarlle ao público xeral e, nomeadamente, á cativada dos 5 aos 10 anos, unha manchea de historias que recrean mostras da narrativa tradicional de comunidades dos cinco continentes, dende a Europa albanesa ou ucraína até as afastadas terras de Nova Zelandia ou Australia.
Esta actividade chegará a Boqueixón o XOVES 4 DE AGOSTO ás 12:30h. na PISCINA MUNICIPAL (en caso de que chova realizarase no ximnasio municipal).