Os nosos amigos e veciños promotores da Ruta do colesterol, están a organizar unha pequena camiñata, de tan só 14 km, que transcurrirá polos puntos máis emblemáticos da VI Ruta do Colesterol o vindeiro 7 de agosto:
– Pico Sacro
– Fervenzas de Codeso
– Fervenzas do Pontillón
– Donas
– Área recreativa de Subcira
– Ponte Ledesma (illas de Gres)
A saída terá lugar ás 9:30 horas das illas de Gres, onde un autobús levará aos participantes á cima do Pico Sacro, lugar de onde se iniciará o percorrido. Trátase dunha camiñata en grupo, polo tanto heberá un guía na cabeza do grupo e un escoba ao final, e tódolos participantes percorrerán xuntos os 14 km.
O precio de inscrición no I Descenso do Colesterol é de 25 €, e inclúe a baixada en grupo dende o Pico Sacro ás illas de Gres, o autobús ata a cima do Pico dende as Illas e o xantar da mediodía con pulpo e churrasco, ademáis de pan, viño, refrescos, café e licores.
As incricións poden realizarse en www.rutadocolesterol.com, na sección de “Inscrición”, cubrindo tódolos datos requeridos, ou na taberna “O Nervioso”, en Camporrapado. O prazo estará aberto ata o venres 5 de agosto incluído.