O Concello de Boqueixón publica a lista de persoas admitidas no procedemento de selección para a cobertura dunha praza de director/a da escola infantil municipal Raíña Lupa de Boqueixón (grupo II), baixo a modalidade de contrato de substitución. O prazo de presentación da documentación acreditativa dos méritos e os anexos correspondentes está aberto ata as 14:00 horas do 27 de marzo. No caso de que as persoas candidatas non acrediten estar en posesión do CELGA 4, deberán realizar unha proba práctica o 28 de marzo, ás 9:30 horas, na Casa do Concello.
Unha convocatoria publicada no BOP de 6 de marzo de 2025.
Podes seguir a tramitación do expediente neste enlace.
Documentación adxunta
Consulta as bases da convocatoria.
Descarga a solicitude.
Enche o autobaremo cos teus méritos.
E, no caso de ter prestado servizos no Concello de Boqueixón, velaquí a solicitude de certificado.