O Concello, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPIP Antonio Orza Couto, convoca o XI Certame de Relatos Xosé Neira Vilas para potenciar a lectura e a promover a lingua galega como medio de creación e comunicación. O certame está aberto tanto a nenos e nenas empadroados en Boqueixón como a escolares de fóra que estean matriculados nun centro educativo do municipio. Os traballos deberán entregarse na biblioteca municipal ou no CPI Antonio Orza Couto antes do 22 de abril.
O concurso inclúe tres categorías:
- 3º e 4º de Primaria (mínimo 30 liñas)
- 5º e 6º de Primaria (mínimo 40 liñas)
- Secundaria (mínimo 50 liñas).
Cada participante poderá presentar un único relato, de tema libre e inédito, escrito a ordenador. O texto deberá entregarse en galego, podendo incluír ilustracións. Para garantir o anonimato, o relato só irá identificado coa categoría á que opta e cun pseudónimo. A ficha de participación cos datos correspondentes irá nun sobre pechado e grampado ao texto.
Por cada categoría haberá tres premios de 125, 100 e 75 euros en vales en libros e material escolar, así como diploma e edición recompilatora. A entrega dos premios terá lugar nun acto co gallo do Día das Letras Galegas.
Para máis información:
Adxuntos
- Diptico Neira Vilas (808 kB)
- ficha_concurso (991 kB)