De cara á conmemoración do Día da Muller, o Concello de Boqueixón organiza unha nova edición de Tardes pola Igualdade, dirixida á rapazada de Infantil e Primaria do municipio (de 3 a 13 anos), que pode estar acompañada pola súa familia. Trémola Teatro porá en escena a súa obra “Jane e Rachel”, unha iniciativa dirixida a sensibilizar en igualdade.
A sesión terá lugar o venres 14 de marzo, de 15:30 a 16:15 horas, no ximnasio municipal do Forte. A participación é totalmente de balde, se ben é precisa inscrición previa. As anotacións poden realizarse a través deste formulario: https://forms.gle/kP4MWsZX68AgAuh68.
Tardes pola Igualdade é unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón, a través do Centro de Información á Muller, en colaboración do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e o Ministerio da Igualdade.
Adxuntos
- jane e Rachel Boqueixón (360 kB)