O Concello de Boqueixón retoma as xornadas formativas «Educar en familia», unha iniciativa posta en marcha a través do Servizo de Prevención de condutas adictivas dos Concellos de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, a sesión tratará sobre «Benestar emocional» e nela a psicóloga Adriana Rodríguez compartirá unha charla-café coas familias, ás que ofrecerá unha serie de pautas para promover o benestar emocional na familia.
A sesión terá lugar o venres 21 de febreiro, ás 19:00 horas, na biblioteca municipal de Boqueixón. Dirixida a pais/nais con crianzas en infantil, primaria ou secundaria, a asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente a través do mail educarenfamiliaconcellos@gmail.com. No correo deben achegarse estes datos: nome e apelidos, curso e idade dos fillos ou fillas.