A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Orde de 3 de xaneiro de 2025, publicada no DOG do 20 de xaneiro do 2025, convoca para o ano 2025 as bases reguladoras para a concesión de prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. Código SI434A.
Obxecto
Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata co fin de explotación sexual, e mais tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Persoas beneficiarias
- Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual e/o vítimas de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/o de explotación.
- Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións:
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e, no caso de mulleres estranxeiras, ter residencia legal en España.
- Cesar a convivencia co agresor ou a vinculación coa/as persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/o explotación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, e que o documento acreditativo da situación de violencia de xénero fose adoptado ou emitido no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, este intervalo non será de aplicación no caso de violencia vicaria ou violencia por interpósita
- Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/o dispoñer dunhas rendas ou ingresos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Importe
A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como ao grao de discapacidade da solicitante e/o dos menores a cargo, no seu caso, nun abanico que vai desde 200 euros/mes ata 800 euros/mes e ata un máximo de doce mensualidades.
Prazos
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2025.
Máis información e axuda tramitación de ditas solicitudes chamando ao Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón, teléfono 981 513 061, enderezo electrónico cim@boqueixon.com ou ben nos teléfonos 881 999 164, correo electrónico vx.igualdade@xunta.gal.