Un total de doce equipos, repartidos en tres categorías, tomaron parte dunha nova edición do Torneo de Nadal de Fútbol Sala do Concello de Boqueixón. Unha competición que tivo lugar os pasados 24 e 25 de decembro no pavillón municipal do Forte.
O Reale Lestedo Lalín gañou o torneo na categoría Senior, co Balonmano como subcampión. Na categoría Junior, o triunfo foi para o Champagne, seguido do Maderas Peón. Finalmente, na categoría Junior Sub12, Os Mosqueteros impuxéronse a Os Rusos.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e os concelleiros de Deportes, Diego Esturao Rosende; Servizos e Obras Públicas, Manolo Fernández Munín; e Industria, Turismo e Desenvolvemento Local, José Luís Mareque Simón, foron os encargados de entregar os premios. Dous deles, Diego Esturao e José Luís Mareque, tamén participaron no torneo.