As persoas maiores que participan no Programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón desfrutaron dun xantar de Nadal, que tivo lugar no restaurante Don Sancho. Ata aló achegáronse o alcalde, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conda, para desexarlles unhas boas festas e entregarlles unhas prantas de agasallo.
O Programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón conta na actualidade con 15 persoas usuarias, que asisten semanalmente ás clases que teñen lugar os martes e xoves, en horario de 16:00 a 19:30 horas, no local social de Vigo.
O servizo de transporte destas persoas recibe unha subvención da Deputación da Coruña para fomentar actividades de envellecemento activo e de actuación de loita contra a soidade non desexada.