O Concello de Boqueixón organiza un curso gratuíto de primeiros auxilios dirixido a familias e poboación en xeral no que as persoas asistentes poderán adquirir coñecementos básicos sobre como actuar en situacións que requiran de primeiros auxilios básicos. Unha xornada que terá lugar o martes 10 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas, no CPI Antonio Orza.
O curso está organizado polo Concello de Boqueixón en colaboracion coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Nel impartiranse cuestións sobre como actuar diante dunha dor torácica, unha perda de coñecemento ou como informar correctamente ao 061 para que tomen conciencia da urxencia que se lles traslada. Así mesmo, practicaranse técnicas como a reanimación cardiovascular báscia ou como actuar diante dun atragantamento.
As inscricións están abertas ata o 3 de decembro no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón, no teléfono 981 513 115 ou a través do mail cultura@boqueixon.es.