O Concello de Boqueixón informa de que DOG 221 do venres 15 de novembro publica un anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG) na zona leste da área de transporte metropolitano (ATM) de Santiago, de clave AC/22/052.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido, actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
O prazo para presentar alegacións será de 30 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (15 de novembro).
A documentación do proxecto está á disposición da cidadanía:
- na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas
- no Servizo de Infraestruturas da Coruña
- na Casa do Concello de Boqueixón (e Touro)
- na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación neste enlace.
Trátase dunha iniciativa da Xunta pola que se mellorará a accesibilidade e conectividade de 69 paradas de autobús situadas en tres estradas da rede autonómica, ao paso polos concellos de Boqueixón e Touro, que suporán un investimento que rolda os 1,75 millóns de euros. En Boqueixón, melloraranse un total de 38 paradas de forma que se acondicionarán carrís para a parada do autobús, mellorarase a accesibilidade e a pavimentación da contorna da parada (coa execución de sendas ou beirarrúas) e colocaranse refuxios deseñados pola Dirección Xeral de Mobilidade. Máis información.
Adxuntos
- DOG Venres 15 de novembro (654 kB)