O Concello de Boqueixón ten constancia de que os veciños e veciñas de varias parroquias están sufrindo un problema de interrupción do servizo de acceso a Internet dende o pasado luns 11 de novembro. Unha situación que continúa a data de hoxe.
A pesar de que dende o Concello de Boqueixón xa se ten trasladado a situación ás entidades responsable, informamos tamén de que todos os usuarios que se atopen nesta situación de interrupción do servizo de acceso a Internet poden facer unha reclamación. Os pasos a seguir son os seguintes:
- Presentar a reclamación ante a empresa ou compañía coa que o veciño/a teña contratado o servizo, empregando as follas de reclamación dispoñibles na propia empresa ou enviándoa por correo electrónico, reservando en todo caso o xustificante da mesma. Unha vez transcorridas 3 horas sen contestación por parte da compañía ou se esta non dá unha resposta satisfactoria, pódese pasar ao seguinte paso.
- Reclamar ante o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). Isto pode facerse de dúas formas:
- De forma telemática, a través da páxina do IGCC.
- Cubrindo a Folla de reclamación e enviarlla ao Servizo de Consumo correspondente do IGCC, a través dun Rexistro de Intercambio.