O Concello de Boqueixón informa do aprazamento do curso de prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola, previsto inicialmente para este venres 9 de novembro. Este curso gratuíto impartirase finalmente o venres 29 de novembro, ás 11:30 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado.
Este curso é totalmente gratuito, se ben é preciso inscribirse previamente no Departamento de Emprego, Formación e Turismo do Concello de Boqueixón ben chamando ao 981 513 061 ou a través do mail emprego@boqueixon.com. A formación terá unha duración aproximada duns 40 minutos, tras a cal serviranse uns peticos e un viño galego.
O curso está organizado pola Asociación Agraria de Galicia (ASAJA) en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Boqueixón.