A reestruturación parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo arrincará formalmente coa convocatoria da Xunta de Titulares da zona, para que procedan a elixir os seus representantes e suplentes na Xunta Local de zona e do grupo auxiliar de traballo. Unha Xunta de Titulares á que están convocadas todas as persoas propietarias ou usuarias de terreos agrarios beneficiados pola parcelaria, así como persoas titulares de explotacións agrarias con terras afectadas polo devandito proceso. A reunión será no Pazo de Quián (Sergude) o luns 11 de novembro, ás 11:00 horas.
Este proceso de reestruturación parcelaria prevé reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas divididas en 10.460 parcelas, propiedade de 1.195 veciños e veciñas. Para levar a cabo este proceso, a Xunta ten previsto investir 5.871.000 euros, que mellorarán a estrutura territorial da zona e beneficiarán ás 136 explotacións agropecuarias existentes.
O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña pon a disposición de todas as persoas beneficiadas pola parcelaria unha canle oficial de WhatsApp para poder seguir todos os avisos informativos sobre este proceso: https://whatsapp.com/channel/0029Varb69l6xCSYFdlCQf2t.
Uns avisos tamén dispoñibles a través de Internet, concretamente na web da Consellería do Medio Rural: https://mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios.
Máis información, na convocatoria da Xunta de Titulares, que inclúe un Código QR para seguir o proceso.
Adxuntos
- ANUNCIO XUNTA TITULARES (259 kB)