O Concello de Boqueixón publica a elevación a definitiva da 2ª listaxe provisional de crianzas admitidas na Escola Infantil Municipal Raiña Lupa, así como a listaxe de agarda.
No prazo de 15 días hábiles a partir de hoxe xoves, as familias das crianzas admitidas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica a seguinte documentación:
- Anexo IV. Aceptación da matrícula (cumprimentado e asinado). Descárgao aquí.
- Tarxeta sanitaria da crianza
- Certificado médico da crianza
- Carné de vacinación actualizado
Máis información na sede electrónica do Concello de Boqueixón.
Adxuntos
- 2ª Listaxe para EIM Raíña Lupa (66 kB)