O Concello de Boqueixón informa cun curso gratuíto de “Actividades auxiliares de almacén” dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de traballo no Servizo Público de Emprego de Galicia. Un curso que se impartirá en Santiago de Compostela (Vía Edison, 1c. Polígono do Tambre) do 2 de outubro ao 29 de novembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Para participar é preciso presentar a solicitude antes do 1 de outubro. Non se esixen requisitos académicos nin profesionais ningúns. As inscricións poden formalizarse por teléfono (650 677 437) ou por mail: cassandra.pereira@gdoce.es.