O Concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de inscricións en Madruga Boqueixón e Tardes Educativas e de Lecer, etapa 2024 – 2025.
Co obxectivo de conciliar a vida laboral, persoal e familiar co coidado de fillos e fillas menores; préstanse os seguintes servizos e que terán lugar nas instalacións municipais e no CPI Orza Couto:
- Madruga Boqueixón:
Servizo de acollida, coidado e vixilancia á rapazada antes do comezo das clases en horario de 7:30 a 9:00 horas.
Realizarán actividades variadas e relacionadas con fomento de hábitos saudables.
O almorzo será por conta propia ou no seu caso vir almorzados.
- Tardes Educativas e de Lecer:
Servizo de atención a rapazada unha vez que rematan as clases, polas tardes en horario de 15:30 a 18:30. Os horarios de entrada e saída reflíctese na ficha de inscrición.
A rapazada realizará as tarefas escolares diarias e así mesmo desfrutarán con actividades lúdico educativas, lecturas, xogos e obradoiros variados.
Inscricións
Realizaranse presentando a ficha de solicitude e demais documentación obrigatoria a través da Sede Electrónica municipal (preferentemente) ou ben no Rexistro Xeral do concello.
Posibilidade de inscricións con frecuencia semanal ou por días soltos, con preaviso por escrito de 3 días, e sempre que existan prazas dispoñibles.
Para máis información ou consultas no teléfono 981 513061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.com
→ Preme para descargar a solicitude de inscrición a Madruga Boqueixón
→ Preme para descargar a solicitude de inscrición a Tardes Educativas e de Lecer
Pagamento
A obrigación ao pago do prezo público nace no momento da formalización da inscrición na actividade.
Realizarase dito pagamento con carácter bimestral e mediante domiciliación bancaria.
Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Baixas
Deberán presentarse antes do día 20 do mes anterior e a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente) ou ben no Rexistro xeral do concello. Incluír documentación en solicitude xeral.