Normativa
Orde SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 221 do 12/9/2018)
Resolución do 12 de xuño de 2024, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 151 do 22/6/2024)
Información na web do IMSERSO | Preguntas frecuentes
Prazas ofertadas e quendas
Convócanse 886.269 prazas para participar no Programa de Turismo, a desenvolver nas quendas e destinos que se relacionan no anexo I desta resolución.
O Programa desenvolverase por quendas que agrupen ás persoas usuarias co mesmo orixe, destino e datas.
As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión.
As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2024 e o mes de xuño de 2025.
Solicitantes
- a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 ou máis anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
- b) Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado a) anterior. Así, os españois residentes en Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderán tramitalo nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
- c) Os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuais que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.
As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.
Modalidades
- Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
- Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
- Turismo de Escapada, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes: Circuítos Culturais, turismo de Natureza, viaxes a Capitais de Provincia e viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
Servizos incluídos
- Transporte ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Servizo de medicina xeral, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación social e cultural
- Póliza colectiva de seguros
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Prezos por persoa das diferentes quendas
Dependendo do destino e duración da viaxe, os prezos das prazas son os que figuran no anexo I da resolución.
Reservarase o 1% das prazas para as persoas con recursos económicos iguais ou inferiores ao importe das PNCs que alcanzasen maior puntuación nos criterios de valoración, e redúcese o prezo fixado no ANEXO I nun 50 %.
En concepto de reserva de praza abonarase unha cantidade máxima do 20% do prezo da praza. A totalidade do prezo da praza abonarase 45 días antes do comezo da viaxe.
No caso das quendas que comecen nos meses de outubro e de novembro, cando o tempo que transcorra desde a reserva de viaxe á data de saída do mesmo sexa inferior a 45 días, deberase facer efectivo a totalidade do pago da viaxe no momento da reserva.
Prezos para a tempada 2024/2025:
8 días (7 noites) | 10 días (9 noites) | |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 228,93 € | 290,07 € |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 210,72 € | 253,65 € |
Baleares | 267,63 € | 331,49 € |
Baleares (sen transporte) | 210,47 € | 253,67 € |
Canarias | 355,30 € | 435,45 € |
Canarias (sen transporte) | 210,39 € | 253,65 € |
Circuítos culturais (6d/5n) | 293,16 € | |
Turismo Natureza (5d/4n) | 286,82 € | |
Capitais Provincia (4d/3n) | 124,68 € | |
Ceuta ou Melilla (5d/4n) | 286,82 € | |
– Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir. – No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 22 € por noite para os destinos de Illes Baleares e costa peninsular, 24 € por noite para Canarias e 26 € para Turismo Interior. – Pensión completa agás en viaxes a capitais de provincia que será en réxime de media pensión. |
A cea do día 24, a comida do día 25 e a cea do día 31 de decembro, e a comida do día 1 de xaneiro, terán cada unha un suplemento de 20 euros.
Solicitude de praza
- Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso noprazo comprendido entre o 1 e o 22 de xullo de 2024, ambos incluídos. (+ info)
- Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
- Recoméndase realizar a solicitude “en liña” xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a súa acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO
Documentación:
Esta solicitude serve para obter a resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, e que permitirá acceder ás prazas convocadas.
Renovación de datos para a participación na tempada 2024-2025 daquelas persoas xa acreditadas no programa de turismo: se estes datos non son correctos ou cambiaron, o cambio dos datos poderase realizar directamente pola persoa interesada a través dos servizos electrónicos que presta a Sede electrónica do Imserso, empregando para iso o número de referencia que aparece na carta de renovación, que proximamente recibirán nos seus domicilios, ou a través do sistema de identificación dixital Cl@ve.
As persoas acreditadas polo Imserso en tempadas anteriores e as que obteñan acreditación nesta convocatoria, unha vez comprobado que reúnen os requisitos, serán baremadas mediante a aplicación dos criterios de valoración
Será posible viaxar con outra persoa que vaia a presentar a súa solicitude na mesma provincia, cando sexan iguais os destinos elixidos e a orde de prioridade das prazas solicitadas. Esta vinculación reflectirase en ambas as solicitudes.
Criterios de valoración
- Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
- Situación de discapacidade
- Situación económica
- Participación no programa en anos anteriores
- Condición de familia numerosa.
Prazo de presentación: Entre o 1 e o 22 de xullo de 2024, ambos incluidos.
Lugar de presentación
- A través da Sede Electrónica do Imserso
- Servizos Sociais Comunitarios
- Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Xinzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
- No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
- En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas
- As solicitudes das persoas residentes en Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderanse tramitar nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Socia
Máis información
- No teléfono 912 667 713IMSERSO. De luns a venres
- Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imsersoou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou facer chegar consultas.
- Servizos Sociais do Concello de Boqueixón