O Concello de Boqueixón abre hoxe mércores 19 de xuño o prazo para a solicitude das axudas a entidades sen ánimo de lucro para este ano 2024. Unha axudas que suporán un investimento de 14.400 euros e que poderán solicitarse durante o prazo dun mes. Consulta as bases premendo aquí.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, explica que “o obxectivo destas axudas é financiar actividades que complementen as organizadas polo Concello e que contribúan ao fomento dos intereses do municipio”. O Concello de Boqueixón valorará especialmente o número de socios e socias da entidade, o número de actividades a desenvolver ou a continuidade do programa ou proxecto, entre outros criterios.
As subvencións, convocadas en réxime de concorrencia competitiva, non poderán superar os 1.000 euros por entidade, podendo financiarse o 100% do curso total da actividade. Non serán subvencionables os gastos de adquisición de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto lesivo para a saúde, así como alimentos e bebidas (coa excepción dos produtos típicos de celebracións tradicionais gastronómicas e festexos populares).
As entidades e asociacións de Boqueixón que desexen acceder a estas axudas deberán presentar as súas solicitudes a través da Sede Electrónica do Concello de Boqueixón. O prazo de presentación será dun mes a contar dende hoxe mércores, tras a súa publicación no BOP.
Adxuntos
- Bases (132 kB)
- BOP Axudas Entidades (126 kB)