A piscina municipal do Forte abrirá finalmente as súas portas o sábado 22 de xuño, debido ás malas prediccións meteorolóxicas para os próximos días. A entrada será de balde ata o 1 de xullo e o sábado 29 de xuño terá lugar unha gran Festa de Inauguración con inchables acuáticos para os máis pequenos.
Os prezos mantéñense sen variacións con respecto a outros anos. A entrada individual custará 3,71 euros. Os bonos individuais de 20 entradas terán un prezo de 6,17 euros (para menores de 16 anos) e 12,34 euros (para persoas adultas). Ademais, haberá abonos familiares de 20 entradas: pai e nai (15,43 euros), 1º fillo (6,17 euros), 2º fillo (3,09 euros) e de balde os seguintes.