As actividades do ciclo «Mes e Pico» continúan esta fin de semana cunha dobre actividade protagonizada por Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía e actual director científico do Xeoparque Cabo Ortegal. Así, Canosa impartirá a conferencia «O Pico Sacro visto con ollos xeolóxicos» este venres 14 de xuño, ás 19:000 horas, na Capela de San Sebastián.
Un día despois, o sábado 15 de xuño ás 17:00 horas, o propio Francisco Canosa guiará «Un paseo xeolóxico pola contorna do Pico Sacro». Neste caso, o punto de encontro será o aparcadoiro do Pico Sacro, de onde partirá a expedición.
Unha vez máis, a participación en calquera das dúas actividades é totalmente gratuíta, pero é preciso anotarse previamente no Departamento de Turismo de Boqueixón, ben chamando ao 981 513 061 (en horario de mañá) ou enviando un mail a boqueixonturismo@gmail.com.