O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia abrirá o luns 10 de xuño, ás 12:00 horas, o prazo de inscrición nos minicampamentos do programa “Coñece Galicia, dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos. Inscricións na web da Dirección Xeral de Xuventude.
Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.
Hai ata 14 programas diferentes entre os que elixir por toda Galicia. Consulta o programa.