Programa de actividades Correntes do Ulla 2024:
DESCENSO DO ULLA EN KAIAK
• Data: 29 de xuño.
• Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledesma ata a Área de Recreo de Agronovo.
• Prezo: 25 € por persoa. (Inclúe Kaiak de 2 persoas: chaleco salvavidas e seguro).
• Observacións: Poderán participar as persoas maiores de 13 anos con autorización.
• Prazas limitadas
Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas premendo no seguinte formulario de inscrición (prazas limitadas)
ESCOLA DE PESCA
• Introdución ao mundo da pesca sostible e á concienciación coa natureza.
• Imparte: David Arcay (campión do mundo de pesca con mosca)
• Colabora: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
• Datas:
- 10 de xullo. Na Área de Recreo de Agronovo.
- 11 de xullo. Na Área de Recreo de Sucira.
• Idades dos 6 aos 12 anos (ambas incluídas).
Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas no seguinte enderezo electrónico cultura@boqueixon.es (prazas limitadas)
CAMPO DE VOLUNTARIADO “UNINDO ROTEIROS”
• Recuperación medioambiental e etnográfica + dinamización sociocultural.
• Data: do 15 ao 26 de xullo
• Idades: de 18 a 30 anos
• Colabora: Dirección Xeral de Xuventude
Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas no seguinte enderezo electrónico cultura@boqueixon.es (prazas limitadas)
GOZA DO ULLA (ROTEIRO DE PESCADORES)
• Data: 20 de xullo.
• Percorrido: Saída ás 10 horas do Campo do río de Ponte Ledesma de ata Codeso- San Paio
• Distancia: 9,6 km aprox.
• Dificultade: media-baixa
• Prazas limitadas
Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas no seguinte enderezo electrónico boqueixonturismo@gmail.com (prazas limitadas)
PASEO EN BICI POLO VAL DO ULLA (RIBADOULLA)
• Data: 28 de xullo.
• Percorrido: Saída ás 10 horas da Área de Recreo de Castiláns (xunto ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla), avituallamento en Ponte Ledesma, regreso ao punto de partida.
• Distancia: 30 km aprox.
• Dificultade: media
• Prazas limitadas
Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas premendo no seguinte formulario de inscrición ou na páxina web do Concello de Vedra (prazas limitadas)
GOZA DO ULLA (DO COUTO DE XIMONDE A PONTEVEA)
• Data: 4 de agosto.
• Percorrido: Saída ás 10 horas do Couto de Ximonde ata a ponte medieval de Pontevea-Reis (Teo)
• Distancia: 10 km aprox.
• Dificultade: media
• Prazas limitadas
Inscricións abertas dende o mércores 5 de xuño ás 9:00 horas premendo no seguinte formulario de inscrición ou na páxina web do Concello de Vedra (prazas limitadas)